#VotaCarballo
O carballo máis impoñente de Europa

Convirtamos ao Carballo do Banquete de Conxo de Santiago de Compostela na árbore de Europa 2022!

Vota polo carballo de Galicia
Previous slide
Next slide

O Carballo

Este impoñente carballo, con máis de 250 anos de vida, é a árbore máis veterana do histórico Bosque do Banquete de Conxo

#Vota Carballo

Ábrese un período de votación popular por cal será elixido o representante español no concurso europeo do 2022.

Árbore de Europa

Pola longa historia de fraternidade de este Carballo, merece optar a ser elixido como Árbore Europea do Ano.

Galicia

O carballo, Quercus robur, definido tamén por Rosalía com “árbore patria”, é a árbore símbolo de Galicia.

Instrucións para votar!

  1. 💻 Accede á ligazón para ir á páxina do concurso. https://www.treeoftheyear.org/Vote
  2. 🌳🌳 Debes seleccionar DÚAS ÁRBORES, que unha sexa o Carballo do Banquete, e outra que che guste (das que teñan menos votos, claro 🙈).
  3. 🗳 Click sobre “Vamos votar!”, onde debes introducir o teu email e confirmar polo menos a súa política de protección de datos.
  4. 📩 Verificar o email, pulsando sobre a ligazón que che envían para que o voto sexa válido (se non o confirmas, non conta).
  5. 🔁 Xa está! Agora, podes repetir o proceso con outro email 😉

A historia do carballo da fraternidade

Este impoñente carballo, con máis de 250 anos de vida, é a árbore máis veterana do histórico Bosque do Banquete de Conxo . Álzase ao pé dunha das sendas deste “novo” espazo natural situado ao sur de Santiago de Compostela. Dicimos “novo” porque se abriu ao público no ano 2018 despois de estar pechado nada menos que durante 133 anos, en concreto desde 1885 (data na que esta enorme leira de máis de 20 hectáreas, bañada polo río Sar, se destinou a espazo só para internos do daquela modernísimo Manicomio de Conxo ).

Estamos entón ante o símbolo, un verdadeiro cofre botánico, de resistencia ás cortas indiscriminadas e incendios múltiples que arrasaron os bosques galegos durante os séculos XIX e XX, e que foron decimando espazos coma este, un bosque que en orixe chegou a albergar ata 1.000 carballos. Hoxe quedan en pé uns 40, con este carballo como emblema.

Foi testemuña, o 2 de marzo de 1856, do insólito e histórico Banquete Democrático de Conxo, celebrado nas súas inmediacións, un acto organizado por estudantes universitarios (principalmente o poeta romántico Aurelio Aguirre) onde os mozos quixeron servir a mesa aos artesáns e obreiros, como un novo símbolo de igualdade, liberdade e fraternidade, os valores democráticos recibidos da Revolución Francesa. Aurelio Aguirre comezou o seu brinde dicindo: “Sol da liberdade! O teu lume dáme”.

Anos de idade
0
Perímetro do tronco
0 m
Dimensión copa
0 m2
ALtura
0 m

O Carballo do Banquete de Conxo
Santiago de Compostela
Especie: "Quercus robur"

Rosalía de Castro, o carballo como símbolo de Galicia

Este bosque fascinou a Rosalía de Castro. A gran poeta das literaturas galega e castelá denunciaría desde 1881 a corta incontrolada de moitos destes carballos. Fíxoo nun poema titulado precisamente así “Los robles” (carballo en castelán), do seu libro En las orillas del Sar (1884). Chegou a exclamar nos seus versos: “Jamás lo olvidaré”, “Profanación sin nombre”, e a súa última novela El primer loco (1881), está ambientada toda ela precisamente aquí. O seu texto de denuncia é hoxe unha das primeiras proclamas ecoloxistas e de defensa das árbores de toda España.

A nosa árbore está ao pé da entrada en Santiago do Camiño Portugués de peregrinaxe. A 200 metros da coñecida como fonte da Virxe da Concha (importante lugar de culto xa citado por Tirso de Molina no século XVII) e a 300 metros do mosteiro de Conxo (que conserva un claustro románico do século XII).

Ao redor desta árbore, en todo este Bosque do Banquete de Conxo , reuníronse en 2019 ata 5.000 persoas na segunda edición dunha multitudinaria romaría que celebraba a apertura deste espazo natural despois de máis dun século. Diante da árbore levouse a cabo aquela romaría (e tamén na súa primeira edición o ano anterior de 2018 , que reuniu 2.500 persoas), a primeira parada da ruta, ante o que hoxe xa se coñece como “O Avó”, do bosque.

E finalmente, o carballo, “el roble”, o Quercus robur, definido tamén por Rosalía no citado poemario como “árbore patria”, é a árbore símbolo de Galicia e da súa natureza de bosques sen fin.

Importancia da árbore e motivo da presentación ao concurso

Polo contexto histórico que viviu de defensa das liberdades na España gris de mediados do século XIX; por ser obxecto da denuncia ecolóxica pioneira de Rosalía de Castro; por estar ao pé do Camiño Portugués a Santiago e dun mosteiro de orixe románica, e por recibir en 2018 e 2019 o abrazo de miles de persoas (veciñanza de Santiago de Compostela e de Galicia) na festa de apertura ao público deste bosque, consideramos que este enorme carballo de preto de 30 metros de alto e de 250 anos de vida, bañado polo poético río Sar, merece optar a ser elixido como Árbore Europea do Ano.

Vídeos

Entrevistas

Colaboracións